Friday 19 de April de 2024

Bergondo ofrece 90 días de obradoiros gratuítos desde marzo ata maio


● O prazo de inscrición para estas actividades, organizadas polo equipo de voluntariado municipal, estará aberto do 6 ao 10 de febreiro.

● Hai opcións como repostería caseira, limpeza de praias, club de lectura, inglés, calceta…

O Concello de Bergondo lanza o programa ‘90 días de acción’, unha iniciativa impulsada polo equipo de voluntariado municipal, que ofrece aos veciños e veciñas a posibilidade de participar, durante noventa días, en diferentes obradoiros gratuítos.

As diferentes accións, que levarán a cabo desde marzo ata maio, son: Roteiros verdes e plantas medicinais, Mindfulness, Repostería caseira, club de lectura, limpeza de praias, observación de aves, club de calceta, conversacións en inglés, prevención de condutas adictivas e pílula informativa sobre o párkinson.

O prazo de inscrición para estas actividades estará aberto do 6 ao 10 de febreiro e pode formalizarse no correo electrónico servizos.sociais@bergondo.gal, a través da sede electrónica municipal, presencialmente no departamento de Servizos Sociais ou nun formulario habilitado na web municipal.